Advirten do risco das 'lanzadas', competicións en vías abertas a gran velocidade
Os condutores arrancan a velocidade normal e despois 'lánzanse', comprometendo a outros usuarios
En Outeiro de Rei, detectaron a catro coches competindo a máis de 200 quilómetros por hora
Conducen sen perder de vista o retrovisor, para controlar ao seu contricante, porque do que se trata nas lanzadas é de gañar.
"Van circulando á velocidade adecuada á vía e, nun momento dado, aumentan a velocidade e de aí vén a denominación de 'lanzada', porque se lanzan a maior velocidade e establecen unha competicion entre varios vehículos", explica José Manuel López, Capitán xefe do subsector de Tráfico de Lugo
"Moitas veces pasa. Se tes unha furgoneta, pásanche lanzados", confirma un condutor.
Rápido, e moitas veces en paralelo, en vías abertas, con coches alimentados polo nitro para gañar potencia... os reis do volante.
"Controlan ata onde controlan e, cando non, paran. Eu un día ía para Ferrol e un ía todo picado, e cando vin de volta, estaba coas rodas para riba", advirte outro home.
En Outeiro de Rei, eran catro. A Garda Civil localizou a quedada en redes e esperáronos preto do Ceao.
"Dous deles a 154 e 168 quilómetros por hora e os outros dous cometeron supostamente un delito contra a seguridade vial porque detectámolos a 118 e 113 quilómetros por hora", confirma o capitán xefe.
Unha auténtica temeridade para eles mesmos e o que é peor para quen non conta con algo asi.
"Adiantamentos en zonas onde non están permitidos, con pouca visibilidade, e comprometer a outros condutores que van a velocidades máis tranquilas e se cadra non teñen tempo a reaccionar", lamenta un condutor.
"Calquera manobra a esa velocidade ten graves riscos, tanto no momento do accidente como do grao de lesividade", o xefe do subsector de Tráfico de Lugo.
Que buscan?
"Diversión e apostaa"
"Adrenalina", aventuran outros usuarios.
Carga de adrenalina que aumenta conforme sobe a velocidade, ao meso ritmo que se multiplica o risco.