Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Ben, clasificado para a súa primeira final mundial de 1.500

Adrián Ben, clasificado para a súa primeira final mundial de 1.500

Ben: "Espero unha final na que saian as cousas ben e estea orgulloso"

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 15/09/2025 15:42 Última actualización 15/09/2025 15:54

O galego Adrián Ben logrou este luns o pase á final dos 1.500 metros dos Mundiais de atletismo de Tokyo ao finalizar terceiro a súa serie cun tempo de 3:36.78. Ben, no seu cuarto Mundial pero no primeiro correndo 1.500 -antes 800-, chegou ás semifinais tras cumprir con solvencia na rolda previa e a enteireza que demostrou nesa carreira volveu referendar un día despois sobre a pista do Estadio Olímpico de Tokyo.

O atleta de Viveiro, adestrado por Arturo Martín, fixo unha carreira moi intelixente. Foi as primeiras voltas na zona de atrás e ao paso pola última volta tratou de saír por fóra para ir gañando metros e superando rivais ata o punto de chegar á última recta con todas as opcións de acabar entre os seis primeiros que irían á final.

Sen o noruegués Jakob Ingebrigtsen, que non pasou a primeira rolda lastrado pola inactividade debido a unha lesión sufrida fai seis meses, todas as miradas dirixíronse a outro noruegués, Niels Laros, que realizou o mellor crono (3:35.50) do cuarteto de favorito ao título formado polos británicos Josh Kerr (3:35.53) e Jake Wightman (3:35.56) e o keniano Thimothy Cheruiyot (3:35.61).

"Espero unha final na que saian as cousas ben e estea orgulloso. Cumprín neste campionato, estou no top 30, e agora quédame tentar recuperar porque cada día vou esgotando un pouco máis. Vexo que a final vai ter dúas descualificacións pero eu tentarei buscar as miñas opcións. Aínda que Jakob non estea, para o meu sigue sendo o rei", subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade