Estrea con vitoria de Martín de la Puente en Roland Garros
O vigués derrotou o seu compañeiro en dobres Houdet, 6-3 6-2 co que comezará o mércores o torneo por parellas
En cuartos de final enfrontarase ante o xaponés Miki ou o neerlandés Spaargaren
Gran estrea de Martín de la Puente nos oitavos de final do torneo en cadeira de rodas de Roland Garros. O tenista vigués enfrontábase co seu compañeiro en dobres Houdet ao que derrotou con comodidade en dous sets, 6-3 6-2:
"Contento co partido, coa estrea. Ao principio custoume un pouco acostumarme á pista grande, sempre é difícil o primeiro partido nos Grand Slam. En Roland Garros estou coma na casa e estou moi feliz polo rendemento e polo nivel amosado"
"As semanas de Grand Slam sempre son de moita presión e moita responsabiliade. Temos claro que este é o sitio onde queremos estar e este é o lugar onde os soños fanse realidade"