Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Ben e Belén Toimil tínguense de ouro nos campionatos de España

Adrián Ben e Belén Toimil tínguense de ouro nos campionatos de España

O viveirense tiña dous títulos na distancia dos 800 metros e impúxose nos 1.500 cun tempo de 4:41.25

A mugardesa logrou o sexto título consecutivo en lanzamento de peso cun mellor intento de 17.05

G24.gal 03/08/2025 14:10 Última actualización 03/08/2025 21:30

Adrián Ben e Esther Guerrero coroáronse como os mellores atletas españois dos 1.500 metros na xornada matinal do derradeiro día do nacional de atletismo ao aire libre. Na proba masculina o viveirense, que chegaba coa mellor marca española do ano, impúxose con autoridade cun tempo de 3:41.25 por diante do catalán Carlos Sáez, prata, e o aragonés Pol Oriach, bronce. Un éxito para Ben que xa foi dúas veces campión na distancia dos 800 metros e que comeza a conseguir réditos desde o cambio aos 1.500. Grazas a este resultado, o atleta mariñán garante a súa presenza no Mundial de Toquio, do 13 ao 21 de setembro. 

Ouro para Belén Toimil

A mugardesa Belén Toimil continúa mandando con man de ferro na proba de lanzamento de peso. Acadou o sexto título consecutivo grazas a un mellor lanzamento de 17 metros e 5 centímetros. Toimil segue a ser moi superior a todas as súas rivais. Na segunda posición quedou Inés López Arias a case metro e medio da marca conseguida pola atleta galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade