Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adif mantén a limitación de velocidade nas liñas que unen Madrid con Barcelona e Valencia

Adif mantén a limitación de velocidade nas liñas que unen Madrid con Barcelona e Valencia

Afectan a seis puntos da liña Madrid-Barcelona e a catro da rede Madrid-Valencia

Os maquinistas informan de novas denuncias de puntos onde senten vibracións

Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press
G24.gal 22/01/2026 09:13

Adif levantou os límites de velocidade na liña de alta velocidade Madrid-Barcelona, menos en seis puntos quilómetricos, onde se circulará a 230 quilométros por hora, segundo informaron este xoves a Europa Press fontes do xestor de infraestruturas ferroviarias.

No caso da liña Madrid-Valencia, mantense limitada a velocidade en catro puntos da rede a 160 quilómetros por hora e, noutros puntos quilométricos moi concretos, a 200 quilómetros por hora.

As mesmas fontes indicaron que os maquinistas xa empezaron a dar información de novas denuncias de puntos onde senten vibracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade