Acusacións piden seis anos de cadea para David Sánchez e o seu avogado acúsalles de "desfigurar a verdade"
Acusacións piden seis anos de cadea para David Sánchez e o seu avogado acúsalles de "desfigurar a verdade"
O avogado de David Sánchez pide a súa absolución, e o xuizo quedou visto para sentenza
Nas súas conclusións, as acusacións elevaron tamén a catro anos a pena que solicitan para Miguel Ángel Gallardo, ex líder estremeño do PSOE
Consideran probado que a praza na Deputación foi creada para beneficiar o irmán do presidente
O xuízo pola contratación do irmán do presidente do Goberno na Deputación de Badaxoz quedou visto para sentenza. As acusacións elevan a petición de condena mentres as defensas piden a absolución.
O avogado de David Sánchez básease no que considera unha falta de probas. O letrado fala de acusacións imprecisas que parten de rumores e recortes de xornais e denuncia unha indefensión do seu cliente.
Tamén pediu a absolución o avogado de Miguel Ángel Gallardo, presidente da Deputación de Badaxoz no momento de outorgar unha praza que non estaba destinada ao mellor candidato.
Nas súas conclusións, as acusacións elevaron as peticións de prisión aos seis anos para David Sánchez e a catro para Gallardo. Consideran probado que a praza na Deputación foi creada para beneficiar o irmán do presidente.
Piden unha sentenza exemplarizante ante os delitos de prevaricación e tráfico de influencias. A fiscalía, pola súa parte, sostén que non hai probas para condenar o irmán de Pedro Sánchez.