Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 1.400 hectáreas queimadas nos incendios de Laza, Carballeda e Chandrexa

Case 1.400 hectáreas queimadas nos incendios de Laza, Carballeda e Chandrexa

 O incendio de Camba en Laza está activo e xa arderon 740 hectáreas

Activo tamén o lume de Queixa, en Chandrexa, onde xa se qeimaron 200 hectáreas

En Carballeda de Valdeorras está activo o de Casaio, onde arderon xa 440 hectáreas

G24.gal 10/08/2022 09:46 Última actualización 10/08/2022 14:30

Indignación e cansazo en Valdeorras. Despois dun dos incendios máis graves da historia de Galicia, volve arder en Casaio, en Carballeda de Valdeorras.

O lume está localizado nunha zona de barrancos, de moi difícil acceso. Os equipos de extinción están extenuados.

Segundo os datos facilitados esta mañá pola Xunta de Galicia, este no novo lume está activo xa leva queimadas 440 hectáreas.

Alí están traballando 7 helicópteros, 7 avións, 2 pas, 6 motobombas, 18 brigadas, 5 axentes e 1 técnico.

Activos tamén os incendos de Laza e Chandrexa

Na provincia de Ourense tamén están activos os incendios de Camba, en Laza, que leva queimadas 740 hectáreas e o de Queixa, en Chandrexa, onde xa arderon 200 hectáreas.

Tamén na provincia de Ourense está controlado o incendio de Verín, que leva queimadas 600 hectáreas.

Controlado o de Xustáns, en Ponte Caldelas, onde se queimaron 380 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar