Activada a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra
A Xunta suspendeu a actividade deportiva no mar nos concellos afectados
Imaxe de Corrubedo
A previsións de ondas duns 5 metros de altura e vento de arredor de 70 quilómetros por hora este luns levaron a Xunta a poñer en situación de alerta laranxa -segunda dunha escala de tres- ás autoridades das zonas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra.
O Goberno autonómico indica que a situación de alerta obedece ás previsións da axencia meteorolóxica estatal Aemet dun temporal activo a partir da madrugada do luns con vento do sur ou suroeste de forza 8, equivalente a uns 70 quilómetros por hora, e mar combinada do suroeste con ondas de 5 metros.
A Xunta puxo en situación de alerta ás autoridades dos municipios afectados, así como ao persoal dos distintos servizos de emerxencias.
Ademais, advirte da suspensión das actividades deportivas marítimas, reclama extremar as medidas de seguridade en calquera actividade no mar, convida a revisar cabos e amarres de barcos nos portos e aconsella á poboación en xeral evitar zonas costeiras propensas a ondada, como parte das medidas de prevención e protección.