Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo para desconvocar a folga do fútbol feminino

Acordo para desconvocar a folga do fútbol feminino

G24.gal 14/09/2023 10:21

Os sindicatos e a patronal chegaron a un acordo para as vindeiras tres temporadas que permite desconvocar a folga de xogadoras da Liga F que impediu a disputa da primeira xornada a pasada fin de semana. 

O acordo suscrito é ata o ano 2026. Establécese un salario mínimo de 21.000 euros na temporada 23-24 que pode incrementarse ata os 23.000. Para a seguinte temporada o salario mínimo será de 22.500 euros (que pode aumentar ata os 25.000) e na terceira temporada pasará a ser de 23.500 euros, con posibilidade de metrar ata os 28.000. 

Nos tres casos o posible incremento dependerá do "crecemento de ingresos comerciais da competición".

A pasada fin de semana non se puido xogar ningún dos partidos da primeira xornada que terá que volver a colocarse no calendario. O torneo ligueiro principiará esta fin de semana coa disputa da segunda tirada da competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar