Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo entre o Goberno e os xuíces e fiscais para unha suba salarial de 450 euros

Acordo entre o Goberno e os xuíces e fiscais para unha suba salarial de 450 euros

O acordo asinarase o próximo martes

G24.gal 19/05/2023 14:22

O Goberno chega a un preacordo cos xuíces e fiscais para que desconvoquen a folga. Pactaron un aumento de soldo de 440 euros brutos ao mes para os destinados en órganos colexiados e 450 para os que presten servizos en órganos unipersoais. Tamén inclúe un incremento de 100 prazas este ano e outras 100 o ano que vén de xuíces e fiscais.

Este pacto suscríbeno todas as asociacións xudiciais salvo a maoritaria, a Asociación Profesional da Maxistratura, que o considera insuficiente. Din que seguirán negociando ata o martes que vén e non descartan facer folga sen o resto das asociacións. Recoñece que é máis difícil agora achegar posturas, pero manteñen aberta a negociación ata o martes. "O que hai sobre a mesa á asociacion maioriytaria da carreira xudicial non lle satisface. Eu aínda estou en negociacións", explica o seu portavoz, Juan José Carbonero.

As outras seis asociacións de xuíces e fiscais dan por pechado o acordo, cunha suba salarial  e o compromiso de manter mesas de traballo. Edmundo Rodríguez, portavoz de Xuízas e Xuíces para a Democracia, destaca que se acado "unha elevación das retribucións da carreira xudicial e fiscal, pero sobre todo supón un incremento do número de xuíces que se van convocar".

Para Cristina Dexeus, presidenta da Asociación de Fiscais "non é o acordo que teríamos desexado pero abre nova vía de negociación. Semellante é a opinión de José Ignacio Martínez, Asociación Xudicial Francisco de Vitoria: "esto non é a fin do acordo senon o inicio dduns traballos para a mellora da carreoira xudicial".

Mentres, os funcionarios de Xustiza suman un mes de mobilizacións, con máis de 30 millóns de actuacións xudiciais paralizadas. Javier Jordán de Urríes Sagarna, presidente de CSIF Xustiza apunta que "seguen sen convocar unha reunión nin poñer unha proposta económica concreta para os funcionarios e funcionarias de xustiza do noso país como fixeron cos letrados e están a facer con xíces e fiscais".

Hai un mes os letrados da Administración de Xustiza puñan fin á súa folga tras conseguir un aumento salarial duns 450 euros mensuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos