Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo de financiamento "histórico" entre a Xunta e as universidades

Acordo de financiamento "histórico" entre a Xunta e as universidades

3.200 millóns de euros para internacionalizar a universidade e a docencia innovadora

G24.gal 18/02/2022 15:03

Os reitores das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo asinaron coa Xunta un acordo "de país" que lles garante un financiamento ata o 2026 para converter o sistema universitario galego nun dos motores de desenvolvemento da comunidade.

"A transferencia está recollida como piar básico e as universidades estamos facendo cada vez mellor esta transferencia ás empresas e á sociedade", afirmou Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala de plan ambicioso para a internacionalización da universidade galega e a súa relación co tecido económico e laboral.

"Probablemente é o acordo máis importante que imos asinar nesta lexislatura con ningún organismo público ou privado. 3.200 millóns de euros acreditan que temos un compromiso", dixo Feijóo.

O gasto público universitario en Galicia representa o 0,7%  do PIB fronte ao 0,5 % da media de España. Galicia ten as taxas universitarias máis baratas do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade