Cargando resultados...
Acepta tres anos de prisión por acoitelar un compañeiro de clase en Ourense
O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente pedía 5 anos por homicidio imprudente

G24.gal
22/11/2023 12:39
Condenado a tres anos de prisión o exalumno dun ciclo de Enfermaría de Ourense que acoitelou un compañeiro. O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente pedía 5 anos por homicidio imprudente.
O suceso tivo lugar hai dous anos nun bar próximo onde estudaban os rapaces na Carballeira. A vítima recibiu unha coitelada nas costas e o agresor fuxiu.
As forzas de seguridade conseguiron detelo e ingresou no cárcere. Mentres, o ferido estivo hospitalizado 50 días e quedou con varias secuelas.