Cargan 90.000 toneladas de formigón no buque semisomerxible máis grande do mundo
Cargan 90.000 toneladas de formigón no buque semisomerxible máis grande do mundo
A operación, inédita a nivel mundial, desenvólvese no porto exterior da Coruña

O buque semisomerxible máis grande do mundo ultima no porto exterior da Coruña a carga de seis caixóns flotantes de formigón armado fabricados pola empresa Acciona. A manobra supón un récord mundial, xa que nunca antes se alcanzara a cifra de 90.000 toneladas de frete nun único embarque.
As características do porto exterior coruñés, con calados superiores aos trinta metros e 250 hectáreas de lámina de auga abrigada, foron determinantes para que Acciona optase por punta Lagosteira para executar este proxecto. Foron máis de sete meses de traballo que conclúen cunha complexa e espectacular manobra de carga.
A embarcación que realizará o transporte é o Boka Vanguard, o buque semisomerxible máis grande do mundo. Na operación participan unha decenas de pequenas embarcacións. A súa tarefa consiste en trasladar ata a plataforma cada unha das seis pezas, de sesenta metros de eslora e vinte e catro de manga.
O destino das estruturas é unha obra próxima a un aeroporto das Filipinas. A viaxe marítima ten unha duración prevista de 35 días.