Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas vítimas mortais nun accidente na AP-6 preto de Madrid

Dúas vítimas mortais nun accidente na AP-6 preto de Madrid

As vítimas son un home e unha muller que viaxaban nun coche contra o que bateu un camión

O accidente tivo lugar este mércores pola tarde no quilómetro 44 da AP-6 O accidente tivo lugar este mércores pola tarde no quilómetro 44 da AP-6
G24.gal 14/07/2022 07:47

O alcance dun turismo por un camión deixa dúas vítimas mortais nun accidente rexistrado este mércores á tarde na AP-6, no término madrileño de San Lorenzo do Escorial.

Os falecidos, un home de 61 anos e unha muller de 60, viaxaban nun coche contra o que bateu por detrás un camión cisterna.

Como consecuencia do forte impacto, morreron case no intre. De nada serviu a inmediata intervención dos profesionais sanitarios, que foron testemuñas do accidente cando circulaban pola mesma autovía.

O chofer do camión saíu ileso. Algunhas testemuñas do accidente tiveron que ser atendidas polos psicólogos do Summa por estados de nerviosismo e crises de ansiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade