Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ábrese o prazo para acollerse á regularización extraordinaria de inmigrantes

Ábrese o prazo para acollerse á regularización extraordinaria de inmigrantes

Moitos consulados rexistran ringleiras de persoas que solicitan un certificado de antecedentes penais.

O PP insiste en que os beneficiados deben estar libres de antecedentes policiais

O Supremo rexeita a suspensión cautelar pedida por unha asociación

G24.gal 16/04/2026 14:43

Abriuse o prazo á medianoite e xa se presentaron por Internet as primeiras solicitudes para acollerse ao proceso de regularización extraordinaria. Tamén se pode pedir xa cita para ser atendido presencialmente, en oficina, a partir do próximo luns. O ministerio alerta que esa cita previa é gratuíta e que os interesados non deben fiarse de quen lles intente vender unha.

Hai que presentar un certificado de antecedentes penais, e iso está provocando ringleiras en moitos consulados e embaixadas.

Elma Saiz, ministra de Migracións, explica que "este procedemento é para persoas en situación irregular, non para delincuentes".

Pero ao PP non lle abonda cos antecedentes penais, e insiste en que os beneficiados deben estar libres de antecedentes policiais.
Segundo Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, "se unha persoa non sabe distinguir entre antecedentes penais e antecedentes policiais, non debería formar parte dese goberno".

Pola contra, a ministra de Migracións, Elma Saiz, considera que "o PP non boicotea o Goberno, boicotea os cidadáns, porque hoxe non hai máis xente nos centros de saúde ou no metro, hoxe hai máis xente con dereitos".

Na Moncloa, o presidente reuniuse este xoves con entidades que apoian o proceso, ao tempo que varias comunidades gobernadas polo PP anunciaban que o van recorrer ante a xustiza.

O Supremo rexeita a suspensión cautelar pedida por unha asociación

O Tribunal Supremo (TS) rexeitou a suspensión cautelar do real decreto de regularización extraordinaria de migrantes que solicitara a Asociación pola Reconciliación e a Verdade Histórica. Nun auto recolleito por Europa Press, a Sala do Contencioso-Administrativo desestima a solicitude desa asociación para a medida cautelar contra a iniciativa do Gobierno, ao considerar que non concorren circunstancias de especial urxencia. Os maxistrados acordan tramitar o incidente cautelar polo procedemento ordinario e dan un prazo de alegacións de 10 días á parte demandada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade