Ábrese agora a vía xudicial para a repartición dos fondos europeos
Este luns remata o prazo dun mes que lle deu o Goberno galego ao Executivo central para que aclare os criterios de repartición
Este luns remata o prazo dun mes que lle deu o Goberno galego ao Executivo central para que aclare os criterios de repartición dos fondos europeos en materia de emprego.
Ábrese agora a vía xudicial. O presidente Feijóo defende que a Xunta non pretende boicotear os Next Generation se non que o que pide é que cando se repartan os cartos estatais e europeos entre as comunidades se faga de forma obxectiva.
"Non ten nada que ver con intentar boicotear os fondos europeos, ao contrario. O que intenta é que a repartición dos fondos europeos -cando se faga, porque estes son de políticas activas de emprego normais de anos anteriores-, para non ter un problema coa Unión Europea teñen que estar repartidos conforme a un criterio obxectivo, se non o que terá un problema coa Unión Europea será o Goberno central", asegurou o presidente da Xunta.