Cargando resultados...
Abre o prazo para solicitar as axudas polos ataques do lobo ou do xabaril
O prazo para solicitalas é dun mes
Son seis millóns, a metade son para compensar ao sector polos ataques e o resto para medidas de protección

G24.gal
11/12/2024 11:30
Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas para previr os danos da fauna silvestre coma o lobo ou o xabaril. Hai un mes para solicitalas. Son oito liñas de axudas por un importe de 6 millóns de euros.
Máis da metade son para compensar ao sector polos ataques e o resto para medidas de protección como a instalación de valados eléctricos e a contratación de pastores. E tamén para a protección de zonas cinexéticas e áreas de pesca.