Aberta a autocita para vacinar o mércores e xoves os menores de 9 a 11 anos que non foron citados
Hai 9.000 doses dispoñibles para estas dúas xornadas
A vacinación será en quenda de tarde nos puntos habilitados para adultos
A primeira quenda de vacinación de menores de entre 9 e 11 anos rematada este sábado deixou libres 9.000 das 60.000 doses iniciais de vacinas, ás que durante este mércores e xoves poden acceder de novo os pequenos nos diferentes puntos de vacinación a través do servizo de autocita.
Satisfeitos pola participación da primeira quenda, á que asistiron máis do 85 por cento dos citados. A autocita ten por obxectivo rematar a franxa pendente de 9 anos.
De novo coincidirán cos adultos de entre 50 e 59 anos que estes días reciben a terceira dose da vacina e maiores de 60 anos que aínda non a recibiran.
Todos aqueles menores de 9 a11 anos que nesta autocita queden aínda sen vacinar serán citados a principios de ano, xa que está previsto que Galicia reciba 37.000 novas doses a primeira semana de xaneiro e outras 37.000 a segunda.