Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abelenda atopa cobertura para situar o Pontevedra a só un punto do líder

Abelenda atopa cobertura para situar o Pontevedra a só un punto do líder

G24.gal 03/04/2022 18:52

O Pontevedra atopou cobertura para situarse a só un punto do líder Unión Adarve a falta de 6 xornadas. Ao mellor visitante da categoría abondoulle con dous goles de Brais Abelenda para gañarlle a un Navalcarnero desesperado co colexiado durante a totalidade do encontro.

E as protestas comezaron nesta acción no minuto 12, nun posible penalti a Fratelli. Só dous minutos despois, este despexe semella que sen ningunha intención de Samu Araujo convertese nunha asistencia de luxo que aproveita Abelenda para o primeiro do partido.

E á beira do descanso e logo desta gran xogada que non é quen de definir Álex González, o colexiado sinala penalti por man clara de Marcos Mendes dentro da área. Mesmo protagonisma que no mesmo gol, Abelenda engana o porteiro para chamar por décima vez esta tempada.

Case que na primeira xogada do segundo tempo o cadro madrileño pediu penalti este empurrón de Samu Araújo sobre Navarro. De novo Abelenda tivo o broche de ouro neste centro que non é quen de rematar. E puido pagalo, porque ollade as dúas clarísimas que ten o Navalcarnero. Primeiro este punteirolo de Navarro que marcha a rentes do pau e xa no engadido esta de Uña.

Ao final, o Pontevedra resistiu para deixar o liderado a tiro de pedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade