Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abandonado no medio do monte en Vigo cunhas tesoiras cravadas logo dunha malleira

Abandonado no medio do monte en Vigo cunhas tesoiras cravadas logo dunha malleira

Os seus presuntos agresores, pendentes de pasar a disposición xudicial, dérono por morto

O ferido está ingresado en estado moi grave

O caso podería estar relacionado co tráfico de drogas

G24.gal 15/02/2024 08:46 Última actualización 15/02/2024 11:02

A Policía Nacional está a investigar a aparición en Vigo dun home ferido gravemente cunhas tesoiras cravadas no pescozo, presuntamente a raíz dunha pelexa.

A vítima e outra persoa presentáronse na madrugada do martes pasado nun coñecido punto de venda de drogas na parroquia de Cabral coa intención de roubar estupefacientes. Supostamente, ao seren descubertos polas persoas que xestionaban o negocio, un dos asaltantes conseguiu fuxir pero o outro recibiu unha malleira durante a cal os agresores lle cravarían as tesoiras no pescozo. Semella que deron o home por morto e que o trasladaron en coche ata unha zona de monte onde o abandonaron.

Malferido, o home puido desprazarse desde alí ata unha vivenda. Mentres, o seu compañeiro deu aviso da situación, co cal os axentes puideron dar coa vítima, que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Segundo fontes policiais, os dous presuntos agresores xa están detidos e pendentes de pasar a disposición xudicial nas próximas horas. Tamén está localizado o vehículo en que supostamente foi mobilizado o ferido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar