Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza europea dá a razón á Superliga fronte a UEFA e FIFA

A xustiza europea dá a razón á Superliga fronte a UEFA e FIFA

A máxima instancia administrativa da UE considerou que a UEFA e a FIFA abusaron de "posición dominante" na súa actuación contra a creación da polémica Superliga de fútbol

G24.gal 21/12/2023 10:43 Última actualización 21/12/2023 15:51

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) considerou este xoves que as normas da FIFA e da UEFA sobre a autorización previa das competicións de fútbol de clubs como a Superliga "violan o Dereito da Unión".

A máxima instancia administrativa da UE considerou que a UEFA e a FIFA abusaron de "posición dominante" na súa actuación contra a creación da polémica Superliga de fútbol. A decisión da Gran Sala, que responde as preguntas prexudiciais expostas polo Tribunal Mercantil Nº17 de Madrid e non se pode recorrer, contradí a opinión do avogado xeral asignado ao caso, que ao publicar as súas conclusións non vinculantes hai un ano argumentou que a UEFA e a FIFA actuaron conforme a dereito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade