Publicador de contidos

A xuntanza de Oliva desbloqueou a meirande crise da selección española

A xuntanza de Oliva desbloqueou a meirande crise da selección española

Montse Tomé, que dirixiu o primeiro adestramento mirando cara ao partido de Suecia, sae moi tocada da xuntanza

G24.gal 20/09/2023 21:46

Foi unha noite longa en Oliva. A xuntanza con Víctor Francos comezou máis tarde do previsto porque o avión das xogadoras do Barcelona saíu con atraso. As conversas deron comezo ás 11 da noite. Había moito que debater arredor dunha convocatoria a que as futbolistas asistiron obrigadas ante a posibilidiçade de seren sancionadas. Pasadas as seis da mañá coñeceuse o acordo.

Aceptaron 21 das 23 xogadoras. Pola mañá púxemoslles cara a esas dúas que decidían marchar: eran Patri Guijarro e Mapi León, dúas das resistentes daquel grupo de 15 que iniciou as reivindicacións.

Os acordos, asinados pola Federación e o CSD, inclúen, ente outros puntos, a desconvocatoria sen sanción das dúas xogadoras, a creación dunha comisión tripartita de supervisión do pactado e cambios profundos e inmediatos na Federación. Rafael del Amo, un dos nomes que en teoría están sobre a mesa, non se sente interpelado.

As xogadoras son partidarias de desprenderse de todo o que teña que ver co pasado e as súas prácticas. Apuntan por exemplo aos próximos a Rubiales, como Andreu Camps e Miguel García Caba. No aire está tamén a continuidade da seleccionadora nacional Montse Tomé, moi tocada tras esta primeira e lamentable convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos