A Xunta xa traballa nun protocolo covid para o Entroido
Será presentado a principios do mes de febreiro
O protocolo irase actualizando en función da evolución da pandemia
A Xunta xa traballa nun protocolo covid para o Entroido, que presentará a principios de febreiro, segundo acaba de anunciar Alberto Núñez Feijóo.
O presidente explica que, como aínda queda mes e medio para as celebracións, ese protocolo se irá actualizando en función de como evolucione a pandemia.
Queren ter un documento orientativo canto antes pola importancia que ten o Entoido en moitos lugares de Galicia.
"Agardo que a principios de febreiro quede feito un protocolo, que será obviamente orientativo e que se axustará definitivamente á situación da pandemia no Entroido. Pero dada a relevancia que ten o Entroido para moitas zonas, imos facer ese protocolo con cautela e con anticipación", explicou Feijóo.