Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta valora a operación entre Reganosa e Enagás pola conexión coas redes europeas

A Xunta valora a operación entre Reganosa e Enagás pola conexión coas redes europeas

Alfonso Rueda asegura que evita o risco de que Galicia se converta nunha illa enerxética

G24.gal 01/03/2023 16:10

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a importancia do acordo entre Reganosa e Enagás, que queda cos gasodutos da empresa galega, que a cambio entra no accionariado da regasificadora asturiana.

Alfonso Rueda di que esta alianza evita o risco de que Galicia quedase como unha illa enerxética porque supoñerá que quede conectada ás grandes redes de hidrocarburos europeas.

Rueda asegurou que se trata dun acordo "importante", algo que se empezará a ver máis cando transcorra o tempo, fronte ao "risco certo" de que Galicia queda illada no ámbito das novas enerxías como o hidróxeno, que ten "moitísimo futuro" na comunidade.

Ademais, considera que a alianza tamén "permite despexar o futuro económico dunha empresa moi potente" como Reganosa, da que a Xunta é accionista, e supón "a seguridade do abastecemento" enerxético para Galicia, xa que o Goberno galego deu o seu voto favorable condicionado ao "compromiso de investimentos" de Enagás na comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar