Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta solicita o nivel 3 de emerxencia e que o Goberno se faga cargo da xestión da crise

A Xunta solicita o nivel 3 de emerxencia e que o Goberno se faga cargo da xestión da crise

O Goberno galego suspende a actividade lectiva para este martes

A sanidade pública segue funcionando pero pídese que se use só cando sexa estritamente necesario

Galicia activa o plan de emerxencia; os servizos asistenciais funcionan con normalidade

G24.gal 28/04/2025 20:47 Última actualización 28/04/2025 21:59

O presidente da Xunta Alfonso Rueda anunciou que este martes non haberá clases nos centros educativos de Galicia nin actividade lectiva nas escolas infantís debido ao apagamento que afecta o territorio desde o mediodía deste luns.

A decisión foi adoptada no Centro de Coordinación Operativo Integrado (CECOPI), encargado de xestionar os efectos do apagamento na comunidade autónoma.

Ademais, tamén se suspenderá a actividade nos centros de día de maiores e de atención á discapacidade. A actividade deportiva federada quedará igualmente cancelada durante a xornada.

Chamamento á responsabilidade e ao aforro

Rueda agradeceu a comprensión das familias e explicou que Galicia conta coa rede de transporte escolar máis extensa de España, polo que manter a actividade suporía un importante gasto de combustible.

“É necesario priorizar”, subliñou o presidente nunha comparecencia na que apelou a reducir os desprazamentos innecesarios para aforrar o máximo posible en combustible.

Garantidos os servizos esenciais

O presidente da Xunta dixo que estas medidas se toman para garantir que os servizos esenciais sigan funcionando.

As persoas que usan respiradores na casa poden recargalos en todos os PAC de Galicia.

A sanidade pública seguirá funcionando tanto en urxencias como en atención primaria. Pero Rueda fixo un chamamento para que se usen estes servizos só en casos estritamente necesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade