Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta saca á venda 214 parcelas industriais bonificadas

A Xunta saca á venda 214 parcelas industriais bonificadas

As bonificacións oscilan entre o 30 e o 50 por cento

O obxectivo é asentar e atraer empresas á nosa comunidade

G24.gal 07/02/2023 13:40

As empresas que queiran asentarse en Galicia seguirán tendo descontos de ata o 50 % para situarse nos polígonos industriais da Xunta. A conselleira de medio ambiente dixo no Parlamento que o Goberno galego é a única administración que bonifica as parcelas da súa propiedade. Estas bonificacións vanse aplicar no novo concurso de venda de solo industrial que aprobará mañá Xestur.

Ángeles Vázquez avanzou que nos próximos días sacarán a venda 214 parcelas que suman máis de 517 mil metros cadrados repartidos por 18 concellos de toda a xeografía galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade