Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta rexeita o borrador do novo modelo de financiamento autonómico do Goberno

A Xunta rexeita o borrador do novo modelo de financiamento autonómico do Goberno

Critica o trato desigual con respecto a Cataluña

Lamenta o pouco peso que se lle dá a Galicia en relación á súa poboación e á súa relevancia económica

 

G24.gal 11/07/2026 22:16

A Xunta rexeita a proposta de modelo de financiamento autonómico que o Goberno central enviou este venres ás comunidades.

O conselleiro de Facenda e Administracón Pública, Miguel Corgos, considérao "peor do agardado" porque destinaría a Galicia "o 2,4% do total" cando a nosa comunidade representa "o 6,4% da poboación axustada e o 6% do PIB das comunidades autónomas do réxime xeral".

O responsable autonómico asegurou que o documento "constata o trato desigual para todas as comunidades" e confirma que "o anuncio da ministra en xaneiro non contiña os datos necesarios para facer unha valoración informada".

Corgos esgrimiu que a Xunta "non pode estar conforme" con esta proposta que, ademais, "aumenta" a preocupación polas medidas "pactadas ás costas da vontade das comunidades", en referencia ao pacto con Esquerra Republicana de Cataluña. 

"A nosa preocupación vai crecendo se temos en conta que despois desas reunións bilaterais non cambiou nin unha coma da proposta inicial. Por tanto, como dicía Galicia, isto era só un proceso de blanqueamiento dunha tramitación realizada con deslealdade institucional que se quería arranxar pola porta de atrás agora con estas reunións", defendeu.   

En definitiva, Corgos manifestou que a proposta do Goberno "empeora" a situación de Galicia, polo que é "inaceptable". Avanzou que concorrerán ao grupo de traballo para pór de manifesto esta "desconformidade" tanto coa tramitación como con "a falta de explicación ás alegacións" e con "os resultados deste modelo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade