Cargando resultados...
A Xunta retirará a máscara nos patios dos colexios o antes posible
O conselleiro de Educación di que consultarán cos expertos cando é o momento máis axeitado
G24.gal
14/03/2022 14:13
A Xunta consultará ao comité clínico a posibilidade de retirar as máscaras nos patios dos centros educativos. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidades dixo que esta decisión adoptarase o antes posible, se así o aconsellan os expertos.