A segunda semana de xuño comezan os exames das 901 prazas que convoca a Xunta
A segunda semana de xuño comezan os exames das 901 prazas que convoca a Xunta
Hai máis de 40.000 aspirantes para as 901 prazas convocadas

A Dirección Xeral de Función Pública acaba de publicar este venres o calendario previsto para os primeiros exames dos 35 procesos selectivos convocados para ingresar nas distintas categorías da Administración autonómica. En total son 901 prazas para as que se inscribiron máis de 40.000 aspirantes.
As primeiras probas comezarán, para algúns procesos, comezarán a segunda semana de xuño en Santiago de Compostela. En total son 24 os procesos convocados para a segunda e terceira semana de xuño.
Os inscritos nos nove procesos restantes comezarán a examinarse na primeira e segunda semana de xullo.
A maioría das probas serán en Silleda, e dous dos procesos serán en Santiago.
CONSULTA AQUÍ ONDE E CANDO SE VAN CELEBRAR OS PRIMEIROS EXAMES PARA AS 901 PRAZAS CONVOCADAS.