A Xunta prevé comezar en xullo a prolongación da autovía da Costa da Morte
O Goberno galego publica este luns a licitación do novo treito entre Santa Irena, en Vimianzo, co enlace con Camariñas
A Xunta investirá máis de 36 millóns de euros na prolongación da autovía da Costa da Morte con 5,8 novos quilómetros de vía de alta capacidade libres de peaxe entre entre Santa Irena (Vimianzo) e a estrada AC-432, que comunica este concello con Camariñas. O Goberno galego publica este luns a licitación das obras, que prevén comezar en xullo e ter rematadas en dous anos.
Na presentación do proxecto en Vimianzo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o novo treito de Vimianzo será a continuidade do inaugurado entre Carballo e Baio hai dez anos. Serán case seis quilómetros de vía de alta capacidade, cun límite de velocidade de 100 por hora, que axudarán a mellorar a seguridade dos 6.000 coches que pasan cada día por esa zona.
"Imos facer un investimeto importante para construír unha vía de alta capacidade, pero tamén as obras que permititán que chegado o momento, se se acredita que é necesario, poder convertela en autovía", explicou Rueda.
Durante o acto, o xefe do Gogerno galego destacou que a Xunta conxelou este ano as peaxes da autovía A Coruña-Carballo e a do Val Miñor. Alfonso Rueda lembrou tamén que manteñen as bonificacións, que supoñen para un usuario de luns a venres un aforro de 400 euros anuais.