Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prepara un plan para casar oferta e demanda laboral

A Xunta prepara un plan para casar oferta e demanda laboral

Feijóo anima empresarios e sindicatos a facer achegas á Axenda Galega de Capacidade que anuncia para a primavera

G24.gal 09/11/2021 14:50

A transformación dixital e enerxética da economía, que se acelerou coa pandemia, require traballadores cualificados para as profesións do futuro. Pero tamén hai demanda de man de obra en oficios tradicionais que non conseguen atraer as novas xeracións, como o agro ou a construción, onde o sector calcula que en Galicia van necesitar 1.300 traballadores nos próximos anos.

Para sincronizar a oferta e a demanda, e tamén para captar e reter talento, a Xunta vai redactar unha Axenda de Capacidades que prevé ter en marcha na primavera. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, di que as achegas que fagan empresarios e sindicatos serán claves para deseñar as políticas de formación axeitadas ao mercado laboral. 

"Galicia, á vangarda de España"

"Temos que reforzar a implicación dos axentes públicos e privados. Esta é a hora da verdade, a hora de que os axentes sociais acrediten estar á altura dun reto histórico como o que estamos a vivir. Galicia, grazas a esta axenda, pode situarse á vangarda de España", di Feijóo, que afirma que con este instrumento a nosa é das primeiras comunidades en adaptarse ás directrices europeas en formación. Desa axenda vai falar o presidente da Xunta en Bruxelas para a semana co comisario de emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade