Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta traballa nas alegacións ao novo sistema da ABAU que prepara o Goberno

A Xunta traballa nas alegacións ao novo sistema da ABAU que prepara o Goberno

A consellería de Educación cre que a proba de madurez desincentiva a preparación das materias

G24.gal 26/09/2022 16:19 Última actualización 26/09/2022 16:39

A Xunta considera que o novo modelo do sistema de acceso á universidade que expón o Goberno central "desincentiva" a súa preparación ao "diluír" cinco materias de "carácter humanístico" na denominada proba de madurez.

Tamén cre que xera "máis desigualdades", mesmo dentro de cada comunidade ao "non fixar" criterios "homoxéneos".  

Así o trasladou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nunha conferencia de prensa celebrada este luns en Santiago, onde avanzou as principais liñas  das alegacións á reformulación da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade.

Varias comunidades (incluída Galicia) piden a "unificación" da proba.  

O sistema exposto polo ministerio empezaría a implantarse de forma progresiva a partir do curso 2023/24 co obxectivo de terminar o seu desenvolvemento en 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade