Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta poxará 369 prazas de garaxe e 142 baixos para compra ou alugueiro

A Xunta poxará 369 prazas de garaxe e 142 baixos para compra ou alugueiro

Están en edificios de promoción pública autonómica e a maioría localízanse nas cidades, polo que o presidente da Xunta agarda que teñan unha "demanda importante"

G24.gal 14/03/2024 14:48

A Xunta aprobou este xoves a convocatoria dunha poxa para adxudicar todos os locais comerciais e garaxes que ten dispoñibles en edificios de promoción pública. Son 142 baixos e 369 prazas de aparcadoiro que se ofertarán en réxime de compra ou de alugueiro.

O prezo de saída para a compra dun local comercial nesta poxa pública será de 3.700 euros ata 42.000 e no caso de alugalo a contía oscilará entre os 111 euros e os 12.600 euros ao ano. Canto aos garaxes, a poxa partirá de 2.600 euros ata 15.800 para mercar unha praza; e de entre 78 euros a 720 euros ao ano para alugala. Os prezos varían segundo a cidade e o estado en que estean. 

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, explicou que o prazo de alugueiro será de sete anos máximo para locais e doce meses para as prazas de garaxe. O xefe do Goberno galego engadiu que non se fai unha poxa así dende o 2016 e que como a maioría dos locais e garaxes están nas cidades agardan unha "demanda importante". 

O DOG publicará nas próximas semanas a convocatoria da poxa e haberá un mes para consultar a oferta. Adxudicaranse aos que poxen as cantidades máis altas e daráselle prioridade á compra sobre o alugueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar