A Xunta agarda poder levantar restricións nas vindeiras semanas
Rueda agoira un Entroido contido pero mellor ca o pasado
Amósase máis optimista de cara ás vacacións de Semana Santa
Ante a boa evolución da pandemia que amosan os indicadores, a Xunta está disposta a abrir a man se continúa baixando a curva.
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, agarda que "as poucas restricións que quedan", sobre todo na hostalería, se poidan rebaixar nas vindeiras semanas.
En declaracións aos medios nun acto en Pontevedra, asegura que os datos son favorables pero pediu "paciencia" e remarca que a evolución epidemiolóxica vai ser a que determine o ritmo.
Polo momento, agoira un Entroido contido, pero mellor ca o do ano pasado. Porén, amósase máis optimista de cara ás restricións da Semana Santa.
"Non vai ser un Entroido coma o do ano pasado, vaise poder desfrutar moito máis, pero non pode ser absolutamente normal. Intentemos pasalo o mellor posible, dentro das restricións que hai; e pensemos que temos a Semana Santa moi preto para tentar que sexa normal", conclúe.