Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia non terá zonas tensionadas que permitan poñer tope ao alugueiro

Galicia non terá zonas tensionadas que permitan poñer tope ao alugueiro

A Xunta considera que a nova lei estatal é confusa á hora de determinar que Administración ten a competencia

Aposta por "medidas incentivadoras" e non "restritivas ou sancionadoras" para dinamizar o mercado

G24.gal 20/05/2023 20:20 Última actualización 20/05/2023 21:42

A Xunta non prevé declarar en Galicia zonas tensionadas do mercado residencial, polo que non haberá tope aos prezos do alugueiro na comunidade, unha posibilidade que contempla a nova lei estatal aprobada esta semana polo Senado.

O Goberno galego considera que o texto é confuso á hora de determinar que Administración ten a competencia para facer esta declaración. Ademais, di que "aposta polas medidas incentivadoras e non polas restritivas ou sancionadoras á hora de dinamizar o mercado de alugueiro". 

Por estes motivos, non vai declarar zonas de mercado de vivenda tensionado na comunidade, segundo xa expresara este venres, nunhas xornadas, o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García.

Zonas de vivenda tensionada

A Lei polo dereito á vivenda, que aínda non entrou en vigor á espera da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, establece que se ten que dar polo menos unha de dúas circunstancias para esta declaración que permite a limitación de prezos do alugueiro.

A primeira é que a carga media do custo da hipoteca ou do alugueiro no orzamento persoal ou da unidade de convivencia, máis os gastos e subministracións básicos, supere o 30 % dos ingresos medios ou da renda media dos fogares.

A segunda é que o prezo de compra ou alugueiro da vivenda experimentara nos cinco anos anteriores á declaración, unha porcentaxe de crecemento acumulado un 3 % superior á da suba acumulada do IPC da comunidade correspondente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade