Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta mantén en 2023 as axudas entre o 30 e o 50 % para a compra de solo industrial

A Xunta mantén en 2023 as axudas entre o 30 e o 50 % para a compra de solo industrial

A expansión de industrias teñen un dobre obxectivo: revitalizar a economía galega e xerar emprego de calidade

Rueda salientou o éxito do proxecto do novo parque empresarial das Gándaras en Lugo

G24.gal 12/12/2022 16:55

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este luns a aposta da Xunta para promover solo empresarial, xa que considerou que favorece a creación de tecido industrial en Galicia “para seguir producindo actividade económica e seguir producindo riqueza”.

“Non é algo que se fai en todas as comunidades, e aquí imos seguir facéndoo con máis intensidade”, avanzou en referencia a que o Goberno galego destinará en 2023 a este fin uns 34 millóns de euros.

Alfonso Rueda incidiu na firme aposta do Goberno galego por atraer investimentos empresariais a Galicia e promover a expansión de industrias xa asentadas cun dobre obxectivo: revitalizar a economía galega e xerar emprego de calidade. Nun contexto de crise económica e incertezas, a Xunta opta por dar facilidades ás empresas asentadas en Galicia e tamén ás que se queren asentar na comunidade, polo que o presidente da Xunta puxo en valor que o próximo ano o executivo autonómico manterá as bonificacións “de entre o 30 e o 50 % no prezo do solo” ás empresas que opten por instalarse en parques empresariais titularidade da Xunta.

Durante a súa visita ás obras de urbanización da terceira fase do parque empresarial das Gándaras en Lugo, Rueda resaltou o éxito da aposta autonómica por esta nova área de asentamento empresarial na contorna da capital luguesa, que xa adxudicou a totalidade do solo das fases xa finalizadas. O Goberno galego leva investidos ou ten en execución 53 millóns de euros na posta en marcha deste polígono que terá preto de 270 parcelas. Na terceira fase, que está previsto finalizar en abril, o investimento superará os 3,1 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade