Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta lanza 'Presentes', unha plataforma dixital para visibilizar o talento feminino

A Xunta lanza 'Presentes', unha plataforma dixital para visibilizar o talento feminino

Na véspera do 8M, Alfonso Rueda reivindica, nun acto na Coruña, o papel das profesionais galegas no espazo público 

G24.gal 07/03/2026 13:52

Na véspera do Día Internacional da Muller, a Xunta presentou a plataforma PRESENTES, unha ferramenta para darlle visibilidade ao talento feminino galego.

Nesa plataforma xa hai inscritas 2.000 mulleres galegas ou que viven en Galicia, algunhas coñecidas e outras non tanto, que co seu traballo rachan fendas de xénero e o que busca esta páxina web é que se coñezan e se conviden a foros para que a súa experiencia abra camiño a que as nenas non se poñan límites.

Entre as mulleres inscritas están, a produtora de cine Emma Lustres, a empresaria téxtil Virginia Pozo, a gandeira María Seco ou a enxeñeira Alba Meijide.

A plataforma presentouse no acto institucional da Xunta celebrado na Coruña.

O presidente Alfonso Rueda destacou a importancia de que estas referentes ocupen o espazo público para conseguir unha sociedade máis igualitaria.

Ademais lembrou que este ano a Xunta destina 29 millóns a políticas de igualdade e destacou a importancia de fomentar as voces femininas no espazo público.

Tamén houbo unha defensa da igualdade na voz do coro Cantabile que pechou o acto interpretando "O Noso Canto", un proxecto musical que xuntou 30 artistas galegas para visibiliar a forza interxeracional do feminismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade