Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump avisa que Irán recibirá hoxe "un golpe moi duro" e ameaza con expandir os bombardeos

Trump avisa que Irán recibirá hoxe "un golpe moi duro" e ameaza con expandir os bombardeos

Segundo o presidente dos EUA, "Irán rendeuse ante os seus veciños"

Achaca a oferta de desescalada iraniana á ofensiva "sen cuartel" norteamericana

Imaxe de Donald Trump na Casa Branca este venres. REUTERS/Nathan Howard Imaxe de Donald Trump na Casa Branca este venres. REUTERS/Nathan Howard
G24.gal 07/03/2026 12:41

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump , avisou este sábado da posibilidade de expandir os ataques conxuntos con Israel en Irán mentres achacou a oferta de desescalada efectuada fai unhas horas polo seu homólogo iraniano, Masud Pezeshkian, como consecuencia da campaña militar "sen cuartel" que comezou hai unha semana contra Teherán.

"Irán, que está sendo golpeado brutalmente,  disculpouse e rendiuse ante os seus veciños , prometendo non vovler a dispararlles. Esta promesa ocorreu grazas ao implacable ataque estadounidense e israelí", indicou Trump nunha mensaxe publicada na súa plataforma Truth Social. 

"É a primeira vez en miles de anos que Irán perde ante os países veciños", engadiu Trump antes de asegurar que todos eles lle deron as grazas por ordenar a campaña.

Teherán converteuse, segundo o presidente, no "perdedor da rexión" e seguirao sendo durante décadas ata que se renda , ou máis probablemente, colapse por completo".

Trump engadiu que, polo de agora, non ten intención de afrouxar e prometeu que Irán "recibirá hoxe un golpe moi duro" e que "debido á súa mala conduta está a considerarse seriamente a destrución total e a morte segura de zonas e grupos de persoas que ata o de agora non se consideraron como obxectivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade