Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inviste máis de 5 millóns de euros nunha senda peonil entre Vigo e Nigrán

A Xunta inviste máis de 5 millóns de euros nunha senda peonil entre Vigo e Nigrán

Alfonso Rueda reafirma a aposta da Xunta pola mobilidade sostible: "Xa temos 300 quilómetros de sendas espalladas por toda Galicia e queremos facer 120 máis nos próximos anos"

G24.gal 22/07/2025 14:14

Os ciclistas e peóns que se movan entre Vigo e Nigrán poderán gozar de mellores espazos. A Xunta de Galicia vai investir máis de 5 millóns de euros na construción dunha senda de máis de 13 quilómetros de lonxitude.

Neste treito vanse instalar cámaras que lles van permitir aos vehículos que conten con sistemas intelixentes detectar os peóns e os ciclistas e mellorar así a súa seguridade.

O presidente do Goberno galego Alfonso Rueda asegura que se trata dunha actuación ambiciosa que está dentro do Plan de Sendas da Xunta de Galicia.

"Xa temos 300 quilómetros de sendas espalladas por toda Galicia e queremos facer 120 máis nos próximos anos, porque é algo que a xente pide", concluiu Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade