Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral, unha ruta por toda a Galicia costeira

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral, unha ruta por toda a Galicia costeira

Terá 1.300 quilómetros e poderá percorrerse tanto a pé como en bicicleta

A Consellería de Medio Ambiente asinou un convenio con Turismo de Galicia para impulsar unha sinalización única desde Ribadeo ata a Guarda

G24.gal 07/01/2026 14:29

O Camiño do Litoral é un ambicioso proxecto que a Xunta vai poñer en marcha neste 2026 con vistas ao Xacobeo do ano próximo. Trátase de habilitar unha ruta peonil de nada menos que 1.300 quilómetros que percorra de norte a sur toda a Galicia costeira.

Este mediodía, a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, asinou un convenio co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, para impulsar esta iniciativa en que o Goberno galego vai investir dous millóns de euros nestes próximos 12 meses.

Dividido en 52 etapas, o Camiño do Litoral permitirá camiñar de Ribadeo ata A Guarda ou ir en bicicleta desde o límite con Asturias á fronteira portuguesa situada en Tui.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade