Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indonesia investiga por neglixencia o capitán do barco que naufragou con españois a bordo

Indonesia investiga por neglixencia o capitán do barco que naufragou con españois a bordo

Dos seis membros da familia, dous foron rescatados con vida, tres faleceron e un neno de dez anos aínda está desaparecido

O barco afundiuse o 26 de decembro

Operativo de busca na illa de Padar, onde afundiu o barco. Europa Press. Operativo de busca na illa de Padar, onde afundiu o barco. Europa Press.
G24.gal 08/01/2026 15:45

A Policía de Indonesia anunciou este xoves que investiga por un posible delito de neglixencia con resultado mortal o capitán e un tripulante do barco que naufragou o 26 de decembro en augas do Parque Nacional de Komodo con seis españois a bordo, dos que tres morreron, dous foron rescatados e un neno de 10 anos segue desaparecido.

"Os sospeitosos foron identificados tras a presentación dos resultados da investigación preliminar, incluíndo declaracións de testemuñas, peritos e outras probas", remarca o texto, despois de que os investigadores se reunisen para analizar o caso.

Ambos son sospeitosos de cometeren un delito de neglixencia con resultado de morte, castigado con ata 5 anos de cárcere.

"Os investigadores avalían que houbo un elemento de neglixencia na operación do buque que provocou o accidente marítimo con vítimas mortais", declarou o xefe de Relacións Públicas da Policía Rexional da provincia de Nusa Tenggara Oriental, Henry Novika Chandra.

O barco KM Putri Sakinah afundiuse en augas da illa de Padar, no Parque Nacional de Komodo, o 26 de decembro tras o que se activou unha busca inicial con lanchas e máis adiante ampliouse o operativo.

A bordo viaxaban 11 persoas, incluída a familia de seis españois, xunto ao capitán do barco, tres membros da tripulación e un guía local, quen foi rescatados tras o suceso.

As vítimas mortais son Fernando Martín, exfutbolista e adestrador do equipo feminino B do Valencia C. F.; un fillo deste e unha filla da súa esposa, Andrea Ortuño, quen foi rescatada tras o accidente xunto a outra das súas fillas.

O neno que permanece desaparecido é fillo da sobrevivente e dunha exparella. Martín e Ortuño contraeran matrimonio recentemente. O venres será o último día previsto do operativo para a súa busca, tras varias extensións.

As autoridades atribuíron inicialmente o afundimento á perda do motor, aínda que máis tarde indicaron que se puido deber a un "inusual e impredicible" fenómeno mariño que provocou tres grandes ondas que tombaron a nave en cuestión de segundos, o que non daría tempo a evacuar os pasaxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade