Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda, sobre a posible visita do papa a Galicia: "As cousas van polo bo camiño"

Rueda, sobre a posible visita do papa a Galicia: "As cousas van polo bo camiño"

O presidente da Xunta incidiu en que sería "unha magnífica noticia" que León XIV viñese este ano ou que vén, que é ano santo

Abre o Museo Diocesano de Santiago, "un espazo vivo e lugar para o encontro "

O presidente da Xunta participou na inauguración do Museo Diocesano. EFE/Lavandeira jr.
G24.gal 08/01/2026 16:26

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que sería "unha magnífica noticia" que o papa León XIV visitase a comunidade. "As cousas van polo bo camiño", afirmou.

Así se pronunciou ao ser preguntado respecto diso este xoves, un día antes da reunión que manterá o papa na Santa Sé co presidente da Conferencia Episcopal, Luis Argüello, e os cardeais Juan José Omella e José Cobo.

Rueda, que participou na inauguración do Museo Diocesano situado na Igrexa de San Martín Pinario de Santiago, incidiu en que sería unha "magnífica noticia" que o papa puidese visitar Galicia este ano, ou o que vén, no que se celebra o Xacobeo, con motivo do Ano Santo.

Con todo, o presidente recoñeceu que "estas cuestións teñen os seus procesos" e lembrou que o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, foi recibido recentemente por León XIV, co que abordou "este tema".

"Por tanto, creo que é mellor ser respectuoso cos tempos vaticanos e celebrar todos a boa noticia cando se de, se é que se dá, que espero que si", manifestou.

Por último, asegurou que, de confirmarse, a Xunta de Galicia estaría "preparada", en colaboración co Arcebispado de Santiago para que "todo saíse magnificamente". "Pero mentres non se confirma a noticia, prefiro ser cauteloso e transmitir o que me dicía o arcebispo, que as cousas van polo bo camiño", resolveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade