Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece aos 24 anos de idade o actor galego Siro Ouro

Falece aos 24 anos de idade o actor galego Siro Ouro

Nado en Ferrol, formou parte de películas como ‘Somos Reyes’ ou da serie creada por Los Javis 'La Mesías'

G24.gal 08/01/2026 16:59 Última actualización 08/01/2026 17:12

O actor galego Siro Ouro, coñecido artisticamente como ‘Gold Sirope’, faleceu o pasado 1 de xaneiro aos 24 anos de idade, segundo confirmou o seu pai, Dani Ouro, nas redes sociais.

Tal e como indicou o proxenitor, o artista levaba anos “loitando cunha enfermidade rastreira, mesquiña e cruel á que finalmente sucumbiu”.

Nunha emotiva mensaxe, o pai do actor falecido explica que na Noitevella o mozo tomou as uvas na casa da súa avoa e retirouse ao seu cuarto dicíndolle ‘Quérote’, morrendo esa mesma madrugada “sen sufrir”. “Descansa en paz, meu neno. Aí onde estás ninguén pode facerche dano. Amareite sempre”, sentenza o seu pai.

Tamén a compañía de teatro La Tristura, á que pertenceu o actor, contou a dura nova nas súas redes sociais, destacando a Ouro como “un ser incrible” e lembrando que os últimos anos foron “difíciles” para el.

Nado en Ferrol, Siro Ouro formou parte de películas como ‘Somos Reyes’ ou da serie creada por Los Javis ‘La Mesías’, entre outros proxectos. Tamén desenvolveu nos últimos anos a súa faceta de músico e compositor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos