Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia establece o cinco como nota mínima para pasar de curso na ESO

Galicia establece o cinco como nota mínima para pasar de curso na ESO

 

Galicia é a segunda comunidade autónoma en que máis alumnos superan a ESO

Begoña 25/11/2021 21:04

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decidiu aplicar en Educación Secundaria Obrigatoria os criterios de promoción fixados polo Real Decreto de avaliación elaborado polo Estado para a etapa de bacharelato.

Deste xeito, os alumnos terán que obter unha cualificación media de 5 ou superior no seu expediente para pasar de curso e ter superada esta etapa. Román Rodríguez trasladou esta decisión no marco da conferencia sectorial de Educación deste mesmo xoves en que se tratou tanto a supresión dos exames extraordinarios de secundaria este mesmo curso coma os currículos de primaria e de ESO, entre outras cuestións.  

Deste xeito, Rodríguez sinalou que se busca ofrecer seguridade xurídica ante o "caos" e as "incertezas" xeradas polo cambio de rumbo do Goberno central, que nun principio ía establecer un período transitorio e permitir celebrar as probas de recuperación durante este curso.  

A Xunta desenvolverá unha orde en que se introducirán estes novos criterios "determinados, uniformes e coñecidos" a fin de "reducir a desigualdade" entre o alumnado e ofrecer "garantías xurídicas" ao profesorado en relación á avaliación.

A conferencia sectorial tamén tratou a adaptación do calendario escolar tras a supresión das probas extraordinarias de ESO. Neste sentido, manteranse as avaliacións do terceiro trimestre a principios de xuño e a actividade lectiva ata o 21 dese mes, tal e como estaba previsto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade