Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e Urovesa alíanse para buscar 100 profesionais cualificados

A Xunta e Urovesa alíanse para buscar 100 profesionais cualificados

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ante a demanda de persoal da empresa

G24.gal 05/08/2022 15:03

Urovesa, a empresa compostelá especializada na construción de vehículos de gran tonelaxe, sobre todo militares, necesita 100 profesionais cualificados para incorporarse xa. Os seus directivos reuníronse hoxe co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que o Goberno galego os axude a formar e buscar traballadores deste sector.

Ante o aumento de carga de traballo polos pedidos que teñen que entregar antes de fin de ano e polas encargas para os próximos meses dos novos sectores en que se está diversificando, como motobombas ou camións de residuos, Urovesa necesita incorporar canto antes 100 profesionais da mecánica, carrocería ou pintura.

"As condicións son boas e os produtos moi atractivos, así que creo que pode espertar interese en persoas que queiran incorporarse", afirmou Justo Sierra, conselleiro delegado de Urovesa.

O presidente Alfonso Rueda compromete o apoio da Xunta na busca deses traballadores, tanto poñendo en contacto a empresa con desempregados dese sector como na formación de persoas que se queiran especializar na construción destes vehículos.

"Queremos dar resposta a esta magnífica perspectiva, que son crear 100 postos de traballo cualificado, o que é para felicitarse, sobre todo nos próximos meses. Creo que estamos facendo o que temos que facer as dúas partes: a empresa requerir apoio da Administración e a Administración apoiar as empresas e as persoas que buscan traballo", explicou o presidente.

Rueda anima outras empresas con necesidades de persoal que busquen colaboración na Xunta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade