Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Goberno central asinan convenios de rehabilitación en 22 concellos

Xunta e Goberno central asinan convenios de rehabilitación en 22 concellos

Permitirán renovar 1.125 vivendas en toda Galicia 

G24.gal 01/12/2021 20:29

O Ministerio de Vivenda e a Xunta de Galicia asinaron 40 convenios para rehabilitar vivendas e edificios en 22 concellos galegos. As dúas administracións achegan 10 millóns de euros, que permitirán renovar 1.125 edificacións.

Cada municipio poderá convocar axudas de ata 24.000 euros dirixidas a propietarios de vivendas e edificios que estean nunha Área de Rehabilitación Integral. 

Galicia é a comunidade española que máis ten, 79 en total. A Xunta pide o compromiso do Goberno para mantelas.

"Gustaríanos no seguinte plan de vivenda que estamos negociando co Goberno central que esta seguise sendo unha figura imprescindible ata o ano 2025", di Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Desde o Goberno insisten no seu compromiso coas políticas activas de vivenda. E piden o apoio das comunidades para aprobar a primeira Lei de Vivenda de España, que chegará ás Cortes antes de que acabe este ano.

Raquel Sánchez, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, di que é "unha lei coa que protexemos as persoas, os inquilinos e os propietarios". E insiste, "por iso insisto, suplico e pido aos diferentes partidos e ás comunidades que non pechen a porta a esta lei"

A vivenda é unha competencia autonómica, polo que as comunidades poderán aplicar ou non a futura lei. Polo menos cinco, entre elas Galicia, rexeitan a nova normativa do Goberno central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade