A ruta Iacobus Maris, a peregrinación xacobea máis longa da historia
Nela participarán 11 grandes veleiros
60 universidades de todo o mundo están involucradas nesta iniciativa
Un convenio entre a Xunta e a Fundación Traslatio puxo en marcha a peregrinación marítima xacobea máis longa da historia, a Iacobus Maris. Unha ruta sen precedentes a bordo de 11 grandes veleiros. Sairá de Xénova a finais de xuño con máis dun milleiro de aprendices de tripulantes.
Pasará por Valencia, Sevilla, Matosinhos e rematará en Vigo a finais de xullo. O seu obxectivo é difundir os camiños a Santiago e a tradición xacobea, por iso en cada porto se organizarán actividades culturais como concertos e espectáculos, e o público poderá subir a bordo dos veleiros.
60 universidades de todo o mundo están involucradas nesta iniciativa, que organiza a Fundación Traslatio, e que prevé contar con más dun millón de visitantes nos peiraos.