Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xunta directiva do PPdeG convoca este luns o congreso para a sucesión de Feijóo

A xunta directiva do PPdeG convoca este luns o congreso para a sucesión de Feijóo

 O conclave dos populares galegos celebrarase previsiblemente a finais de maio

G24.gal 17/04/2022 20:18

A xunta directiva do PPdeG reúnese este luns co obxectivo de convocar o congreso do que sairá o sucesor de Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido en Galicia.

A cita é ás 17:30 horas nun hotel de Santiago de Compostela. Na xuntanza intervirán Feijóo e o secretario xeral da formación Miguel Tellado, que dirixe o partido de xeito interino.

O congreso extraordinario do PPdeG para escoller liderado celebrarase previsiblemente a finais de maio. Todo apunta ao nomeamento dun novo equipo encabezado por Alfonso Rueda, que previsiblemente será tamén o sucesor de Feijóo á fronte da Xunta.

Rueda agradeceu a semana pasada os apoios recibidos para suceder a Feijóo. Segundo manifestou, confía en que a remuda se produza cunha "candidatura de unidade". 

Respecto ás datas, reiterou as palabras do presidente da Xunta de que "en maio, todos aos seus postos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade