Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 9 millóns a axudas para contratar 400 mozos en empresas de innovación

A Xunta destina 9 millóns a axudas para contratar 400 mozos en empresas de innovación

A Xunta vai dedicar no 2023 máis de 9 millóns de euros ao Programa Investigo

G24.gal 13/01/2023 16:26 Última actualización 13/01/2023 19:08

A Xunta prevé impulsar este ano a contratación de máis de 400 mozos en empresas que se dedican á innovación. Farano a través do Programa Investigo.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, estivo estivo nunha das firmas que participa neste programa para reter e captar talento, a viguesa Marexi, que leva 20 anos desenvolvendo patentes para barcos, conservas ou acuicultura.

Durante a visita Rueda explicou que a Xunta vai dedicar no 2023 máis de 9 milllóns de euros ao Programa Investigo, que está dirixido a menores de 30 anos e que esixe ás empresas que lles fagan un contrato cunha duración mínima de 12 meses.

O presidente lembrou que o Goberno galego vai destinar este ano case 30 millóns de euros ao Plan Emprega Xuventude, en que se enmarca este programa, co obxectivo de beneficiar 2.000 mozos e mozas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos