Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta desbota de momento incrementar as restricións, pero está moi pendente da evolución dos contaxios

A Xunta desbota de momento incrementar as restricións, pero está moi pendente da evolución dos contaxios

Alfonso Rueda non pechou a porta a impoñer novos límites se fose necesario

G24.gal 30/11/2021 13:47

Da evolución do coronavirus en Galicia falou o vicepresidente primeiro do Goberno galego. Alfonso Rueda dixo este martes que cómpre protexer a actividade económica nestas datas, pero non pechou a porta a impoñer novos límites se fose necesario. Di que hai que estar pendentes da evolución da cifra de contaxios que non está sendo boa nin aquí, nin en ningunha parte.

"O comité clínico é o que fai esa análise. Non temos ningunha intención de tomar ningunha medida que non sexa necesaria. Temos moi claro a importancia de que continúe a vida económica  sobre todo nestas datas sobre as que hai moitas expectativas, pero a saúde está por riba de todo. Polo tanto haberá unha análise permanente se hai que tomar novas medidas se tomaría, por suposto", dixo o vicepresidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade